jueves, 25 de junio de 2009

Torres Queiruga


Parece que, ó fin, impúxose a cordura e o expediente que a Conferencia Episcopal tiña aberto ó teólogo galego quedou paralizado por falta de apoios.Velaí o mail de agradecemento que D. Andrés envía a cantos intentaron porse en contacto con el:


"Queridas amigas e amigos. Dentro das posibilidades de estar de viaxe por USA, sigo con atención e agradecemento cada un de vosos mail. Comprenderedes que vos conteste a todos cun texto común, que non por iso leva menos corazón. En todo caso, de verdade vos digo que a miña única preocupación nisto é que non sufra a credibilidade da fe e que se manteña viva e animosa a nosa esperanza. Eu, desde logo, estou tranquilo, con ganas de seguir traballando na miña teoloxía desde a comuñón da fe e a confianza no Deus que nos crea por amor. Unha aperta moi forte, Andrés".


A miña solidariedade para con el.

domingo, 14 de junio de 2009

“Canción para cantar todos os días”



Ai Manuel María canta razón tiñas !!!!


***********

... Temos que pelexar cos renegados,

cos que intentan borrar a nosa fala.

Temos que loitar cos desleigados

que desexan matala e enterrala.

Seríamos, sen fala, unhos ninguén,

unhas cantas galiñas desplumadas.

Os nosos inimigos saben ben

que as palabras vencen ás espadas.

O idioma somos nós, pobo común,

vencello que nos xungue e ten en pé,

herencia secular de cada un,

fogar no que arde acesa a nosa fe.

Hai que loitar, pois, coa deserción,

cos parvos ignorantes burras quentes.

Hai que afirmar a fala con tesón,

defendela con uñas e con dentes.

Hai que darlle ao pobo a súa voz pura.

Quen nos quer sen fala, quer matarnos.

Hai que defender a fala con mao dura

pois precisamos da fala para salvarnos.


por Manuel María
( Canciós do lusco ao fusco, 1970)

martes, 2 de junio de 2009

Miguel Hernández


Resulta case imposible atopar versos máis sentidos, que expresen mellor a dor que produce a perda dun ser querido, que os que Miguel Hernández escribiu a Ramón Sijé na súa famosa Elexía.

Son diversos os sentimentos que no poema se deixan ver : carraxe, indignacion pola chegada da morte , amor inmenso , amistade, esperanza... e xúbilo pola posibilidade da volta do amigo á vida.
Cantas veces non terei lido este memorable remate!

"A las aladas almas de las rosas
del almendro de nata te requiero,
que tenemos que hablar de muchas cosas,
compañero del alma, compañero."