martes, 1 de mayo de 2012

OS MAIOS

    A orixe destas festas  non está moi clara, mentres algúns antropólogos e historiadores intentan buscar as primeiras raíces no Paleolítico ou no Neolítico, outros sosteñen que proceden do culto que o mundo greco-romano ofrecía a certas  divinidades como Deméter e Ceres (19 de abril), Pales (21 de abril), ...
   O certo é que,  para ter " contentos " ós espíritos que a superstición popular supoñía na Natureza (montañas, ríos, prantas, clima, etc.), certos pobos recurriron a unha serie de actos e cerimonias relixiosas e máxicas, creando un verdadeiro ritual propiciatorio que constitúe un dos capítulos máis interesantes da historia das crenzas populares.


 Agora correspóndenos a nós conservar e manter esta herdanza.

No hay comentarios: